La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


martes, 8 de decembro de 2009

Outono polas Fragas 2009





Ruta realizada cos compañeiros do CCRiazor o 8 de Decembro de 2009 ,xuntamonos 20 Btteteiros
As fragas do Eume , sempre son espectaculares e mais co fantastico guia que e Jolin , sufrimos algo pero disfrutamos moito , penso que nos quedou moi bon sabor de boca a todos , para xuntarnos en sucesivas edicions

Track da Ruta por Jolin

Fotos da Ruta :

Fernando

Javi

Jolin

Alberto