La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 30 de maio de 2010

Bourando polo Eume



Hoxe , xuntamonos 8 compañeiros en Goente ( Juan , Jose , Carlos , Javi , Sergio , Suso , Manel e Fernando) , para seguir a investigar a zona do Eume , na cal canto mais coñecemos mais nos gusta ........
Saimos de Goente e fomos hacia a zona de Pumar , Fragacha , Paipaz , Pazo , Terba , Venade e logo ata Faeira para dende ali dar volta o punto de Inicio en Goente , atopamos camiños moi ciclabes e boas vistas , ainda que para chegar a elas houbera que sudar un pouco

Track da ruta:

Fotos:
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/BourandoPoloEume#