La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


luns, 2 de decembro de 2013

KDD BTT RUTAS MIRADORES - DIC 2013

Domingo 1 decembro 2013

Ainda que este Inverno está sendo de moita chuvia e de poucos días de Sol , tivemos un día precioso

En xuntanza con xente de Ares , Mugardos , Ferrol , Cabañas e Pontedeume , e despois de pedirme algúns colegas de Ares que querian facer algo pola zona do Eume vistando a zona de San Bartolomeu e o Mirador de Penedo Empardado , organizamos esta Kdd na que aparaceu mais xente da que contabamos , que para nada desmereceu a Ruta e axudan a facela mais amena



Xuntamosnos mais de 20 Bikers con gañas de aventura e nunha fermosa maña para ser xa no mes de Decembro , percorremos o borde do río ata Caaveiro para coller distancia e poder visitala zona que tiñamos pensado , pese a ter varias anecdotas de pinchazos e algunha averia mecanica na que houbo que apañarse para poder sair da situación e non quedar tirados no monte , poidemos facer case todo o percorrido que era previsto ainda que con algún retraso que provocou que algunha xente se perdera a zona final




Moi satisfeitos da experiencia , esperamos facer mais xuntanzas destas para non perder as boas costumes

Gracias a todos e unha aperta

Deixamosvos o estupendo Video que nos fixo o colega David
Kdd Btt Ruta dos Miradores

TRACK


Algunhas fotos da xornada
https://picasaweb.google.com/109361223274186759204/BeumettRutaDosMiradores#