La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 2 de maio de 2014

Kdd do Lambre


Tiñamos pendente facer unha Kdd pola zona de Miño - Paderne con saida en Pontedeume e visitando as zonas de Trasdoroña - Lambre e Velouzas
Coa colaboración do nos colega David , diseñou unha rota para variar un pouco os percorridos habituais e asi tratar de descubrir sitios novos , eu xa había ido algo pola zona pero ainda queda moito que explorar por ela e abofe que así o farei mais veces
O único problema que lle vexo e que saindo de Pontedeume , leva un bon anaco alcanzar as zonas mais descoñecidas para nós , unha boa saida sería acercarse ata a zona de Ponte do Porco (Miño)

Xuntamonos unha grupeta mais pequena do esperado pero moi amigable e podendo desfrutar da maña


Deixo o Track da zona percorrida :
http://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6733387