La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


luns, 12 de maio de 2014

Eumextrem 2014



Este ano por problemas de Agenda a Ruta montouse un pouco precipitada , sen anunciala con moita marxen , pero ainda así penso que non saeu tan mal e a xente quedou satisfeita
Poidemos desfrutar dun día perfecto para estas prácticas e co aliciente de comer o Polbo en Parga , fixo que a xente fose mais agrupada e compacta , a única anedota e abandono da Xornada foi probocada pola Rotura de Cadro da sua Bike do compañeiro Lolo do Trasteiro
Sinto pero quedalle poder desfrutar da estupenda reportaxe que sempre nos monta o amigo Jolin


Onte, dentro dos paseos anuais que da o CCRiazor de BTT polas marabillosas Fragas do Eume, tocou cita en Pila da Leña, preto de Monfero coa idea de ir polas zonas altas de Cambás , Aranga e os Vilares ata alcanzar Guitiriz e Parga

Escasearon os maillots do Riazor, e non porque foran camuflados noutras cores, senon porque coincidiron outras citas e as datas son complicadas para casar tódalas actividades públicas e privadas. Vironse moitos maillots branco-azuis do Trastero e algún do Leboreira, bueno tamén outro do Soplao que me lembre... menos mal que cando imos en grupeta, a nos polo menos, o que menos nos importa e o envoltorio senón o contenido do maillot e da ruta.

Así, con algo de brétema mañaneira, partimos 10 beteteiros con ganas de disfrutar da rota que nos levaría hasta Parga por camiños atravesando Peña Fesa e a Serra da Loba e desembocar en Pardiñas, dende alí pola Ruta da Auga vía Guitiriz chegar a feira con festín de pulpo para avituallarse. A volta compartindo algún tramo coa ida pero, maioritariamente, por outros trazados para facer un bucle final chegando hasta un dos miradores do Eume.


O primeiro cambio nas previsións xa se adoptou antes de partir pois, a acertada proposta de Xoán Carlos, de deixar o bucle do mirador do Eume para o final, facilitounos chegar antes a Parga e ter a nosa disposición o caldeiro de pulpo "o dente", ademáis a él e algún máis permitiulle evitar ese bucle coa disculpa de que xa o tiñan moi fotografiado: "dous paxaros dun tiro" e "dous paxaros escaqueados".



O segundo cambio foi que a Lolo do Trastero, o cuadro da btt fíxose unha trastada e empezou por unha grietiña que se foi convertindo, logo de algúnha baixada accidentada, nun socavón que lle obrigou a abandoarnos xa, co cuadro completamente partido, hacia a estrada onde o viñeron recoller en coche. Tocaba quedarse coa mel nos labios e tirar de garantía de bici.




Nun tramo de baixada pronunciada tiven que voltar atrás a recoller a cámara de fotos pois quixo suicidarse tirándose en marcha antes que sufrir o resto do día con tanto feo no grupo, uns metros máis de percorrido e de desnivel... pero estaba intacta, bueno outra muesca na carcasa.

Despois desto xa non houbo máis incidencias importantes disfrutando da magnífica ruta e da perfecta climatoloxía logrando casar o ritmo de todos o que permitiu rodar en algún tramo a velocidade de cruceiro, e outros a velocidade de tartaruga pero sempre en grupo e con bo ánimo.

O facer a comida na feira as mochilas forónse baleirando en cada parada de volta pois, o que máis e o que menos, non quería chegar a casa con ela de novo e, ademáis os 100 qm e 2200 m de acumulado, invitaban a cambiar o peso da mochila para o buche.

Dado que o bar de costume de Pila da Leña estaba pechado, houbo que reagrupar en coches e chegarnos a outro aberto para tomar a cervexa e repoñer niveis líquidos, pero tamén se ventilaron dúas fontes de empanada pois os niveis sólidos parece que seguían a estar baixos....


Grazas a todos por participar nesta rota que ainda que non se poido preparar con moito tempo , penso que saeu bastante ben dentro do previsto,  un saúdo e ata a próxima Cita no Eume.



Fotos

TRACK


Datos de Ruta





¡¡¡¡ Ata a seguinte Edición !!!!