La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


martes, 16 de setembro de 2014

Nocturna Btt Fin de Verán 2014


 
Venres 19 de Septembro 
Saida as 20:30 da Rotonda do Parque de Cabanas (Acceso a praia)

Percorremos arredor de 30 Km pola zona de Cabanas e logo fixemos a baixa o Eume dende Xavariz , o pracer de desfrutar de esos camiños e inimaxinable, log remataremos sobre as  23:00-23:30  e xuntaremonos para tomar uns pinchos nun local en Pontedeume




Resto de Fotos
https://picasaweb.google.com/109361223274186759204/NocturnaBeumett19092014?noredirect=1#

Track realizado
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7845089