La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 21 de novembro de 2014

CRONICA DA I RUTA BTT TERRAS DO EUME

Logo de secarse da impresionate día de auga por arriba e por abaixo e de sufrir polos terribles camiños enladados polos que circulou a Ruta . Podese valorar que a xente tiña de desfrutar de esta zona , porque fomos casi 200 atrevidos a sufrir e pese a todo desfrutar

A xente do Club esmerouse en poder superar os pasos de auga que ainda sendo regatos , parecian rios caudalosos e nos que houbo que facer aventuras en algún caso para poder atravesalos




Tamén os camiños presentaban un nivel de lama que en moitos casos era case imposible superar





As rutas nunca se deben facer con presa , para poder desfrutar de outros entornos que están moi próximos , e aproveitando que abundaba a auga , pois tamén se poden desfrutar.



 Pese a todo , mereceu a pena a participación , pese a auga e a lama .
Habera que repetila cando seque algo mais o terreo



 A reportaxe do noso colega Jolin:
https://picasaweb.google.com/108807593216652791519/IRutaTERRASDOEUMEAsPontesACoruna16112014

Resto de Fotos colgadas polo Clube:
https://plus.google.com/photos/101240714506372476747/albums/6082637315117352897