La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 1 de novembro de 2015

IV KDD OUTONO 2015


Este ano trasladamos a saida ata a Sede de Eumenatura , empresa creada recentemente para desenrolar actividades na zona do Eume , no lugar de Villafail - Viñas en Monfero , onde o final da ruta poidemos desfrutar dun xantar en plan familiar no seu local.
Ali xuntamonos 16 compañeiros , alguns deles novos nestas aventuras , que quedaron encantados coa zona e que prometen voltar

A ruta fixemola pola zona Alta do Eume para percorrer os Miradores sobre o Río que da nome a nosa comarca, e que xa empezan a ser coñecidos pola xente (hai anos , non era asi).

A climatoloxia un pouco extraña este ano , con temperaturas mais propias da primavera que de Outono , fixo que algún fora con roupa un pouco extraña para a época (manga corta) , de todos modos poidemos desfrutar do colorido da zona boscosa pola que pasa a ruta




Para uns a ruta foi mais suave que en outras edicions e para outros chegou dabondo (primerizos en estas aventuras) daquela fomos formando grupos para que ninguen se perdera e se sentise acompañado , o final todos chegamos mais ou menos xuntos o destino.

¡¡¡¡ Ata a próxima !!!!

Deixovos o enlace das fotos e o Track da ruta

FOTOS

TRACK



xoves, 17 de setembro de 2015

Nocturna Beumett 2015


Venres 18 Septembro 2015 , como todolos anos e para non perder a costume , faremos unha nova Kdd Nocturna para despedir o verán e darlle a benvida o Outono 
Convidamos a todolos amigos de Beumett a que participen neste percorrido sinxelo para xuntarse a desfrutar da noite e tomar uns pinchos o remate no Restaurante O Cruceiro de Campolongo

Deixovos o Track da Ruta :







mércores, 12 de agosto de 2015

EUMEXTREM 2015 - NACEMENTO DO EUME


Outro ano mais e para non perder as boas costumes , celebramos outra Edición da Eumextrem , este ano trasladamonos a zona do Nacemento do  Eume , na Serra do Xistral , unhos paraxes de media - alta montaña , onde as temperaturas pese a ser o mes de Agosto eran bastante baixas e nas que a climatoloxia sempre é unha sorpresa , de feito tivemos algo de todo , nevóa , choiva , sol ...

Ali nos xuntamos 9 colegas , entre eles un soriano que vive en Madrid pero con vinculos familiares galegos e ademáis e socio de unha tenda de bicis en Cee (Carlos).
Poidemos desfrutar da zona , facendo unha etapa un pouco mais corta do habitual , 70 km , pero que en ese tipo de terreno faise suficiente para poder desfrutar sen sufrir en demasía 

Comenzamos subindo para entrar en calor , xa que a temperatura era moi baixa a esas primeiras horas , hacia o Pico do Xistral , no que a espesa neboa nos impediu desfrutar das vistas a esa altura 

Ainda que logo iría mellorando e levatando , deixandonos poder desfrutar do entorno , no que sempre tivemos compañia de vacas e cabalos durante toda a ruta e desfrutando de toda a paisaxe

Como o nome da ruta indicaba , fomos velo Nacemento do Eume e por suposto bautizarse en el , de obrigado cumprimento para todo aquel que queira desfrutar das rutas polo seu entorno , logo de 5 edicions , xa podemos decir que estivemos en rutas durante todo o seu percorrido , dende onde nace ata onde morre 

Logo iriamos desfrutando de diferentes entornos , pasando por todo tipo de terreo , pistas , camiños , sendeiros con subidas duras e baixadas bravas nas que cada un iba sufrindo e desfrutando en todo o seu entorno , pasamos polos concellos de Muras , Abadin , Mondoñedo , Alfoz , etc. Moitos pobos abandoados e zonas nas que a vida durante o ano ten que ser moi dura , pero fermoso de desfrutar o seu percorrido 



Deixovós o resto de fotos , para que teñades idea do seu entorno 



¡¡¡¡¡¡ Ata a Próxima !!!!!







venres, 15 de maio de 2015

Travesía Btt Xistral 2015





Impresionante Ruta realizada pola zona do Xistral dende Xermade ata a zona alta de Mondoñedo , percorrendo case todas as suas montañas e pola zona onde o Río Eume fai o seu Nacemento,  o día tamén se prestou xa que o vento nesa zona suele afectar moito.
Ruta exigente físicamente para facer como entrenamento de grandes Retos

Despois de varias saidas pola zona do meu colega Cachopa , fomos unindo tracks ata conseguir esta impresionante Ruta , que recomendo , estando ben físicamente

Deixovós o percorrido
TRACK

Fotos para que se poida ver mais a zona
https://picasaweb.google.com/109361223274186759204/TravesiaXistralBtt2015

Saudos