La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 27 de novembro de 2016

KDD OUTONO 2016

O sábado 26 de Novembro do 2016 celebrámos a nosa Kdd de Outono por estas datas e que xa debe ir pola sua V Edición , voltamos a poñernos en contacto coa xente de Eumenatura e fixemos a saida dende as suas instalacións.


Xuntamonos 10 bikers e ademáis tamén nos acompañou Jose da Capela e os seus rapaces , ainda que eles prefiriron facer unha Andaina para logo xuntarnos todos a xantar.

TRACK

A ruta ainda que foi parecida a da edición 2015 tivo varias variantes e algún se lle fixo bastante dura , acompañounos por vez primeira Luismi e notouse a falta de algún compañeiro , ainda asi tratamos de desfrutala .




FOTOS

Ata a próxima!!!!!



sábado, 24 de setembro de 2016

Kdd Nocturna 2016



O Venres 23 de Septembro tivemos a Kdd Nocturna da Grupeta que solemos facer por estas datas , saindo coma sempre do Parque da Rotonda de Cabanas e este ano indo por zonas de Cabañas e Fene con percorrido final pola costa ata Centroña.


TRACK

Xuntamonos 15 bikers e tratamos de desfrutar polos camiños de noite , no que se pode desfrutar de outra maneira a facelo polo día , tivemos o infortunio da caida de Berni que maia a mala sorte que tivo pola caida e ter que retirarse e non poder desfrutar da parte final e dos pinchos do remate puido quedar en solo un susto e un tempo de convalecencia.



 Pese a mala sorte da caida que foi bastante fea , tivo a sorte de poder recuperase tras unha temporada apartado da bici, foi unha magoa pero xa volte a estar en activo para poder seguir desfrutando dos camiños e nos con él.

Logo coa ausencia de Berni , degustamos as viandas que habiamos encargado...... Ata a próxima!!!






domingo, 21 de agosto de 2016

Desafio Beumett 2016

A data do Desafio de este ano foi o Sabado 20 de Agosto do 2016
Un explendido día de Verán no que nin demasiada calor nin tampouco moito vento , en algunas zonas da Ruta e un verdadeiro estorbo , xa que pasa por zonas de Parques Eólicos e nesas ubicacions e de saber que o vento azota moito.

Eu ainda que fun un pouco o promotor de esta Ruta , non puiden asistir a ela , xa que problemas familiares de saude evitaronme poder participar e tampouco quería que se deixase sen facer , xa que xa fora aplazada noutra data

A ruta e unha variante da típica Ruta entre Pontedeume e Santiago "" O Camiño Ingles a Santiago "" no que cada ano ten mais afluencia de peregrinos , esta versión varia case completamente a zona a percorrer e aumenta a sua distancia en moitos mais Km. Saindo de Pontedeume hacia a zona alta de  Monfero (Penafesa e Alto Xestoso) para logo enlazar coa zona de Cambás e internarse pola Serra da Loba , Cordal de Montouto , Cova da Serpe ata enlazar co Mosteiro de Sobrado e dende ali facer o tramo do Camiño do Norte ata Santiago


TRACK

Este ano houbo menos quorum e só se presentaron 4 bikers a facelo Desafio , sairon de Pontedeume as 08:00 da maña , a xornada presentabase longa.




A primeira parada fixerona no Km 20 na Taberna da Pila da Leña , onde tomaron café e algo dulce para poder recuperar calorías , hai que sinalar que este tramo inicial , posiblemente sexa o mais duro da Ruta

Logo continuaron polas zonas altas da Ruta durante un bon anaco onde se teñen vistas impresionates hacia todolos puntos cardinales e nos que se poden distinguir moitos puntos da nosa provincia






A seguinta parada foi as portas do Mosteiro de Sobrado - Km 77 , ali fixeron a parada para descansar e recuperar forzas , xa tiña boa parte da Ruta feita e a moi boa hora , agora quedaballes compartir Ruta cos peregrinos



Dende aqui tocaba Ruta de peregrinos pasando por Boimorto , Arzua , Pedrouzo , Lavacolla ata chegar o Alto do Mirador do Monte do Gozo onde se teñen boas vistas da Catedral e da Cidade de Santiago 



O Reto xa estaba conseguido , logo de percorrer 135 Km e nun tempo moi bon , as 19:00 estaban na explanada da Catedral de Santiago 


Xa solo quedaba a viaxe de volta na que uns en Autobus e outros en Furgón para traer as monturas , tiveron que viaxar separados

 

  ¡¡¡¡¡ Noraboa Compañeiros !!!!!






martes, 17 de maio de 2016

Travesia Btt Lugo - Betanzos




Vou contar a miña experiencia de Ruta, que ainda en Km non foi para tanto (110Km) si que foi lenta polo tipo de terreno e circunstancias da mesma.
Para poder emplazarnos no Inicio da mesma , desprazamonos en tren dende o destino , collemos o tren en Betanzos Infesta as 07:00 da mañán ata Lugo , onde chegamos sobre as 08:30, despois de tomar un café para activar enerxias , comenzamos a rodar.
Inicialmente fixemos unha volta por enrriba da Muralla para divisar a Cidade en todo o seu explendor , mentrás o noso compañeiro Jose Ramón nos indicaba os lugares mais emblemáticos da cidade , logo fomos hacia a zona do Río a carón do Club Fluviale para comenzar a nosa aventura.
A ruta percorre sendeiros e camiños pegados os ríos durante case todo o percorrido , na primeira parte fumos dende Lugo ata Ombreiro pola marxen esquerda do Río Miño, logo atravesamos a ponte na estrada que vai de Outeiro de Rei a Friol para continuar pola marxen dereita do Miño pasando polo Zoolóxico de Marcelle , continuamos polos sendeiros do Río ata a ponte que vai a Martul , ali visitamos o fermoso salto de auga de Piago , ali separamonos un anaco da beira do río ata chegar a Begonte , pero visitando a fermosa estampa que nos mostra a natureza coas formacions graníticas de Pena de Rodas , onde curiosamente había unha exposición en honor a Manuel María , o escritor da zona de Outeiro de Rei que homenaxeaban neste ano polo día das Letras Galegas, ¡¡¡ Que curioso!!! sin contar , atopamonos con esa casualidade , xa que a nosa aventura coincidia co mesmo día das Letras Galegas.
En Begonte , paramos avituallarnos mentres esperábamos a que nos repuxeran a montura de pedales de Serxio , xa que xa levabamos un anaco que a sua roda traseira iba protestando de falta de mantemento , ali amablemente se acercou Javi desde Teixeiro no coche para deixarnos outra montura e que Serxio continuara a sua Ruta.
En Begonte voltamos a coller os sendeiros que van pegados o río , pero neste caso moi accidentados polas riadas de estos derradeiros anos e pola falta de Mantemento, ¡¡¡¡¡ Unha Magoa ter eso asi ¡!!!!! , notase que cando había cartos fixeronse moitas cousas que agora non se manteñen , chegamos a contar unha ducia de pontes de madeira caídas ou movidas polas riadas e un montón de arboles caídas que tivemos que ir sorteando como poidemos , entre o Km 30 e 36 de ruta, como decía foi a parte mais dura da ruta xa que a mallor parte dela tivemos que facela a pé e solventando a infinida de obstáculos que o camino nos deparaba , aquí foi onde perdemos demasiado tempo que logo o final do día pagamolo
En Baamonde a cousa mellorou , continuamos por sendeiros pegados os Ríos Ladra e Parga , pero aquí están moitos mais cuidados e limpos , mellor conservados , posiblemente por que se move bastante xente por eles , atopas senderistas e algún outro ciclista , en Parga fixemos unha parada para reponer forzas , logo continuamos ata Guitiriz seguindo as sendeiros pegados o río pero xa a velocidade iba aumentando , nesta zona deixariamos de novo os ríos ata chegar o Monte do Gato , onde pese estar na zona alta , ainda tivemos que facer subidas e baixadas continuas cun apreciado desnivel en ambas , o corpo xa non estaba para moitos trotes , rematamos o Monte deo gato na zona de Coiros e logo enlazamos coa Ruta da Auga de Betanzos , de novo voltariamos a ir pegados a zona do río ata chegar a vila dos Cabaleiros , final da nosa aventura con mais de 110 Km as nosas costas.
En fín , dura pero fermosa experiencia e agora algo mais descansados , desexosos de repetir.

TRACK