La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


xoves, 2 de novembro de 2017

Bidegorri 2017 - Lago das Pontes

Outro ano mais poidemos ir a desfrutar pola zona que rodea o Lago das Pontes , internandonos nas pequenas e fermosas Fragas colindantes e percorrer os seus maravillosos sendeiros adaptados e traballados a tope durante moito tempo polos nosos colegas de Rubi 4 de As Pontes (Manolo Lamas , Arturo Fornos e demais).

Gracias por deixarnos percorrer esos fermosos carreiros no que todo biker desfruta de principio a fin.

Ata a Próxima !!!!!







TRACK

Paseo Virtual


venres, 13 de outubro de 2017

Nocturna Beumett - Eumebike 2017



Outro ano mais e para non perder as costumes e coa chegada do fin de verán , ainda que este ano retrasamonos un pouco a data pero desfrutando dunha noite espectacular coma as mellores do verán

Logo poidemos desfrutar dun Churrascoe das conversas e risas dos colegas

Para non perder a boas costumes , seguiremos con mais Edicións.

¡¡¡¡ Ata a Próxima !!!!




Fotos 

Track

Mapa Virtual

sábado, 7 de outubro de 2017

GRP 2017

Gran Ruta Pinteja 2017
Elaborada e diseñada polo noso colega Javi Penas de Teixeiro , gran Ruta como o seu nome indica , poidemos desfrutar do gran traballo de investigación que fixo o longo do Verán de 2017 para poder enlazar camiños e saira este Ruta de garn percorrido no que todos poidemos desfrutar.



Esta é a sua cronica no enlace do seu TRACK

Paseo Virtual

"""" Ruta MTB con saída e chegada na plaza de Teixeiro (A Coruña). A ruta transcorre por sendeiros e pistas forestais dos concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Betanzos, Paderne, Irixoa, Monfero, Aranga e Guitiriz; intentando evitar o asfalto en todo momento.

Saímos de Teixeiro e por pistas forestais chegamos o Monte do Gato (km.12), donde empezamos un descenso divertido combinado pistas de area e pinares ata Parrillada Barral (Ois). Ahí cruzamos a N-VI e seguimos baixando ata a Ponte de As Pías (km. 24. Ponte que separa os concellos de Coirós e Irixoa) e empezamos unha corta pero esixente subida que nos fixo botar o pé a terra. Continuamos por pistas forestais ata o encoro do río Zarzo, donde colleremos dirección Betanzos ata chegar a area recreativa de Chelo (km. 33). A baixada ata o río faise a través dun sendeiro de terra moi divertido e cun toque "endureiro" (baixada do Bocelo). Seguimos a senda do río Chelo (cruzando pola ponte Teixeiro) ata chegar a zona de Os Caneiros e entrar en Betanzos.

Fixemos avituallamento na zona vella de Betanzos (Café Lanzós, km 40) e xa hidratados e tras un pequeno tour pola zona antiga de Betanzos, empezamos a subida ata Irixoa pola carretera de Paderne, combinando pistas alfaltadas e sendeiros ata chegar a Verís onde comimos (Bar Alecrín. km. 60 - Bocadillos espectaculares na terraza e a moi bo precio).

Despois de comer, e tras parada para visitar a fervenza do río Zarzo (Verís. km.63) empezamos outra larga subida por pista de area polo Monte Raño ata chegar o mirador de Pico de Vales (sitio con espectaculares vistas de toda a comarca. km. 70). Desde o mirador seguimos cresteando o Monte Raño por pistas de area, atravesando a Serra da Loba ata chegar o cordal de Montouto (punto máis alto da ruta con 732m. Km 84).

Desde aquí empezamos a baixar ata o Pantano de Guitiriz (km. 88), onde repuxemos líquidos na fonte da área recreativa de San Xoan. Seguimos descendendo por pistas de area ata cruzar a autovía A6 por unha ponte elevada, que nos levará a enlazar coa pista de Rañón ata a aldea de A Muradela (Paradela). Desde aquí, a través dos sendeiros do Mandeo (rutas de senderismo marcadas), chegamos á Taberna de Vilariño, onde reagrupamos e tomamos as ultimas "fantas" (km. 108). Solo quedaba cruzar a Ponte Marzá (sobre o río Mandeo) e chegamos a destino.

Ruta completa con sendeiros, zonas fluvias, baixadas técnicas, pisteo,...) cunha dificultade física alta e dificultade técnica media.

Todas as fotos da xornada:
https://photos.app.goo.gl/EDOM4rnuFFSUxwfJ3

Nota: agradecense comentarios e propostas para evitar o pouco asfalto que non fumos capaces de evitar (sobre todo polo tramo de Betanzos a Irixoa, xa que era a zona máis descoñecida para nos).""""

martes, 18 de xullo de 2017

Crónica Eumextrem 2017

Outro ano mais e xa van seis , espero que sigamos moitos mais .....
Este ano voltamos a sair dende Pontedeume con novos colegas de estas aventuras e con outros habituais , ainda que alguns xa faltáran nas derradeiras Edicións . Ademais este ano con presencia de 2 mulleres Mª Jose e Vanessa e con outros colegas da zona de Sobrado cos que xa fixemos aventuras de este tipo e cos cales estamos hermanados.


Partimos da Pista de Nogueirosa como nos tempos de Leboreira e logo fomos bordeando a costa de Centroña para logo subir a Capela de Breamo por zonas esixentes que nos fixeron entrar en calor.

Pero seguiriamos visitando os puntos elevados da zona , coa visita o Castelo de Andrade , Caaveiro e logo as zonas altas do Eume preto o Fontardión ata chegar a zona de avituallamento en Goente , local no que xa coincidimos mais veces.




Ali se nos uniron outros colegas para facer o tramo de Tarde , pola zona do Forgoselo enlazando co Bellelle e logo o Camiño Ingles en Neda ata Fene e volta polo Seixo , Limodre e Cabañas.






sábado, 17 de xuño de 2017

Eumextrem 2017



 Xa temos aquí a Edición da Eumextrem 2017 , que se celebrará o Sabado 8 de Xullo de 2017.
Saimos da Pista de Nogueirosa - Pontedeume as 08:30 da maña (sede puntuais).

Voltamos un pouco os orixenes do 2011 e facemos a saida dende Pontedeume para percorrer a zona baixa do Eume con saida e chegada dende Pontedeume e variando un pouco o percorrido daquela Edición.

Este ano o diseño do percorrido o fixo o noso colega Berni , eu simplemente deixeime levar pola sua iniciativa , vai ser dura , moito desnivel acumulado sobre todo no seu Inicio , primeiros 45 Km , logo irá suavizando pero xa o cansancio irá facendo mella no corpo.

Visitaremos os emblemas da zona de Pontedeume , Capela de Breamo , Castelo de Andrade , Mosteiro de Caaveiro , logo iremos hacia a zona do Fontardión e zona Alta do Eume para logo atravesar hacia o Forgoselo ,zona do Belelle con visita a Fervenza e volta polo Camiño Ingles e a costa de Fene e Cabanas. Eso foi o que me contaron , non o fixen todo. Berni sabrá.



Como xa sabedes os colegas de este oficio , que xa viñeron a outras , tratase dunha ruta longa pero para levar con calma , desfrutando da paisaxe da zona , non é competitiva nin de acabar antes que ninguén.

Haberá que ser totalmente autosuficente , xa que non temos apoio de ningún tipo , e unha actividade de colegas sen ningún tipo de apoio , cada un responsable dos seus actos.

Faremos unha parada a media ruta en Goente e ali podremos recuperar algo de enerxía comendo e bebendo algo , logo levade papeo  e bebida para o resto da ruta.

O final faremos unha Cea no Bar Camiño Vello de Nogueirosa  , para comentar as aventuras e recuperar folgos.

Avisade antes do 30 de Xuño os que queirades participar.
Fernando - 639515020
Berni - 698191237

Saudos.

sábado, 27 de maio de 2017

Sobrado Titan Bike 2017


Ainda que se sale un pouco do noso Entorno , non podo deixar pasar este fantástico Rutón que nos fixeron os novos Colegas de Sobrado





Gran ruta organizada polos compañeiros do Sobrado Sport Bike e que discurre por pistas e camiños forestais (evitando en todo o posible o asfalto) atravesando os concellos de Sobrado, Toques, Palas de Rei, Guntín, Lugo e Friol. 


Saímos de Sobrado dirección monte do Bocelo e facemos cume nos eólicos de Pena Moura (límite entre os concellos de Sobrado e Toques), baixamos hacia o río Furelos e rodamos pola beira do río ata chegar ás Fervenzas de Brañas (Toques). 







Deixamos ás fervenzas á dereita e comezamos unha dura subida que nos levará ó cume do Corno do Boi (Friol), desde aquí rodamos polo parque eólico de Pena Armada dirección Serra do Careón (desde donde podemos observar a man dereita o pobo de Melide) ata ir dar ao Camiño Primitivo (este camiño separa os concellos de Toques e Palas de Rei), e colleremos este sendeiro en dirección Lugo (uns 20 km) ata San Román da Retorta (Concello de Guntín), onde aproveitamos para facer avituallamento nun dos albergues da aldea.

Xa co depósito cheo, collemos dirección Lugo ata chegar á aldea de Santa Eulalia de Bóveda (xa no Concello de Lugo). Desde aquí enfilamos outro gran ascenso ás canteiras de Facoi. Desde a cima podemos visualizar as canteiras de Vilachá de Mera e detrás destas avistamos a cidade de Lugo. Comezamos un descenso divertido por sendeiros hacia Santa Marta (xa en Friol), cruzamos o río Narla por unha bonita ponte e seguimos por camiños forestais ata ascender ó Cordal de Ousá.

Desde aquí baixamos ata a aldea de Trasmonte e continuamos ata Miraz, cruzando o río Parga. Unha vez en Miraz, collemos de novo o camiño de Santiago dirección Sobrado ata chegar a Anafreita e desde ahí afrontamos o último pico da xornada subindo ata a Cova da Serpe.

 Desde aquí baixamos por un pequeno e técnico sendeiro ata a aldea de Dombrete e enganchamos unha pista de area que nos levará ata As Cruces. O camiño de As Cruces a Sobrado (uns 5km) fixémolo por asfalto.

Gracias a Josiño e ó resto de compañeiros de Sobrado pola gran xornada de auténtico BTT da que nos fixeron disfrutar